A sorte

Foi unha gran sorte atopar
atopar eses ollos
o latexo da vida
Atopar as pálpebras
vencidas e cansadas pola viaxe
O encontro furtivo do sabor do soñado
E a nosa escrava lingua fai hoxe mesturas de voces
nesta terra que ladra
bicámonos ata cruzar as pontes das causas perdidas
É unha beleza sentir o común
Meu querido
Os afectos percorren as chairas da nosa voz
Ti
Eu
pechando as portas dos martes
Mentres a auga cae na derrota das fiestras
Iso é gañar a paz dos días
Os nosos corpos xogando a guerreiros
Sen pedir contas á lúa
Facendo a partida dos berros
Ata que a area chega a garganta.
E falamos da sorte coma unha doenza
En cada instante deste fero mundo
Mentres sentimos o aroma da pel.
Hoxe levanteime e vin que a necesidade do tempo
faiche medrar a barba
E a esperanza amosa medrar con ela
Sinto dicirche que non hai tempo para cortala
As estrelas esperan o meu corpo
e eu a túa nudez.

#poemasengalego

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s